Premios Emprendedor XXI en Galicia

A Xunta de Galicia, a través do Igape, CaixaBank e Enisa, convocan os Premios Emprendedor XXI en Galicia.

O seu obxectivo é identificar, recoñecer e apoiar ás empresas innovadoras cun alto potencial para que crezan e se convertan en exemplo e modelo de futuros emprendedores.

As empresas participantes poden optar aos seguintes premios:

  • Premio autonómico. Nesta categoría premiase a unha empresa galega Galega con impacto no territorio, independentemente do seu sector de actividade.
  • Premio ás empresas con maior potencial de crecemento nos sectores da tecnoloxía agroalimentaria, da saúde, o comercio, sector financeiro e seguros, turismo e de carácter social

As empresas gañadoras obterán unha dotación económica e programas de acompañamento internacional

A convocatoria está dirixida a empresas con personalidade xurídica (Sociedades Limitadas, Sociedades Anónimas, Sociedades Laborais, Cooperativas e Sociedades Civís) que teñan iniciado a súa actividade a partires do 1 de xaneiro de 2015.

Os emprendedores que desexen presentar as súas candidaturas poden facelo ata o vindeiro 12 de decembro de 2018 ás 15:00 a través da páxina: http://www.emprendedorxxi.es/

Los comentarios están cerrados.