Premios “Innovación Sostible da Cátedra Telefónica-UVigo”

Plazo fin solicitudes


12/03/2021

Obxecto

O recoñecemento dos Traballos de fin de Máster (TFM) realizados polo alumnado da Universidade de Vigo que se distingan por ser especialmente relevantes en las temáticas relacionadas con obxectivos de desenvolvemento sostible.

Se premiaran os traballos que presenten propostas de innovación que aborden melloras aos problemas da humanidade relacionados cos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) da Axenda 2030: https://www.agenda2030.gob.es/objetivos/

Nº de premios: 5

Contía: 5 premios de 500€

Requisitos

  • Ter superado o Traballo fin Máster (TFM) durante o curso 2019/2020 na Universidade de Vigo cunha cualificación igual a superior a 7 puntos.
  • A temática do TfM debe estar relacionada con algún dos 17 obxectivos da Axenda 2030: para a comprobación do requisito deberá presentar xunto coa solicitude un informe do traballo de acordo coa descrición do punto 5.3 desta convocatoria

Solicitude

A persoa solicitante deberá cubrir o formulario en liña no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/7803, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede, e pór como asunto “Premios Cátedra Telefónica-Uvigo”, achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Universidade de Vigo dispón de instrucións de axuda que os/as solicitantes deberán observar en todo momento. https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2020-06/Guia_rexistro_instancia_xenerica_gl.docx.pdf. No caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios, poderán dirixirse ao enderezo electrónico sede@uvigo.gal.

Non se admitirán a trámite aquelas solicitudes presentadas por outras vías

Documentación

 As persoas solicitantes deberán subir a seguinte documentación ao formulario en liña (non hai que subir a documentación á sede electrónica):

  • Informe do traballo resaltando o obxectivo da Axenda 2030 relacionado co traballo, a súa innovación, posibilidade e viabilidade de seu desenvolvemento e repercusión social. O informe terá unha extensión máxima de 5 páxinas en formato pdf e terá as seguintes partes:
  • Presentación (Titulo do traballo, Autor, Centro, ODS obxectivo),
  • Resume do traballo,
  • Introdución, Propostas e desenvolvemento do traballo e
  • Conclusións.
  • Copia en formato pdf do Traballo Fin de Máster

A selección será efectuada pola Comisión de Selección. A continuación establecerá as puntuacións dos traballos presentados, de acordo cos criterios de:

  • Calidade do informe: Temática vencellada co obxecto da convocatoria (máximo 6 puntos)
  • Innovación (máximo 4 puntos),
  • Repercusión e interese social (máximo 3 puntos)
  • Posibilidade e viabilidade do seu desenvolvemento (máximo 3 puntos)

Para a concesión do premio será necesario obter unha puntuación mínima de 10 puntos

CATEDRAIETELEFONICA

La cátedra Telefónica para la innovación energética constituye un programa de colaboración entre la empresa Telefónica y la Universidad de Vigo. La cátedra Telefónica para la innovación energética desarrolla sus actividades en la promoción, desarrollo, difusión y propuestas que atiendan a las temáticas relacionadas con la energía: mejora de la eficiencia energética, nuevos sistemas de gestión energética, las tecnologías de la información y la comunicación en la gestión energética, análisis de la calidad energética y ambiental, la sociedad sostenible y la energía. Director de la cátedra:  José Cidrás Pidre (Universidad de Vigo)